Tes interese en clases de reforzo para Primaria, ESO ou Bacharelato? Atópaste con dificultades para falar unha lingua estranxeira? Consideras que poderías mellorar o teu método de estudo e concentración? Actualmente son estudante de último ano de Economía na Universidade de Santiago de Compostela. As clases centraríanse tanto no repaso de contidos relacionado con distintas materias: matemáticas, linguas castelán e galega, inglés (ate o nivel C1) , francés (nivel B2) e outras; como na mellora da comprensión lectora, métodos de estudo ou redacción. En canto aos métodos, consistirían no uso de distintos materiais didácticos sempre axustados ás necesidades e interese de cada persoa, co obxectivo de facer as clases o máis dinámicas e amenas posibles.