A Andrea paréceme unha profesora que se sabe adaptar ó que os seus alumnos necesitan, no meu caso que precisaba de mellorar o meu nivel oral de galego para o exame do Celga 3 (que anteriormente suspendera a parte oral que resultou ser eliminatoria) axudoume moito a corrixir os erros que tiña por interferencia co portugués (que aprendera antes do galego) e a durar máis tempo falando só, pois cando son temas que apenas coñezo cústame moito desenvolvelos e como no exame tiña que chegar ata 2 ou 3 minutos falando, ela para que chegue seguro faime chegar ata 5 minutos para ter a certeza de que ós minutos do exame chegarei, cousa que valoro. Está a axudarme moito coa preparación do Celga 3, tras suspender o primeiro exame que me preparara só vin que precisaba de axuda e contrateina, e estou moi contento con ela! E o que máis valoro dela é a súa capacidade por saberse adaptar ás necesidades dos seus alumnos e saber entendelos e axudalos no que lles for preciso! Polo que lle dou a máxima nota!
Ver más
Ver menos