Perfil de Bieito

Sobre mi
Mis clases
Contacto

Sobre mi

Tras anos de experencia como docente, e cun amplo espectro de idade entre o alumnado co que tiven sorte de traballar, é interesante destacar que a metodoloxía que empregaremos nas clases particulares será activa e participativa.

A primeira sesión empregarémola para ver o nivel do/a alumno/a realizando unha "avaliación inicial". Unha vez coñezamos o seu nivel, comezaremos a plantexar as clases, p...
Tras anos de experencia como docente, e cun amplo espectro de idade entre o alumnado co que tiven sorte de traballar, é interesante destacar que a metodoloxía que empregaremos nas clases particulares será activa e participativa.

A primeira sesión empregarémola para ver o nivel do/a alumno/a realizando unha "avaliación inicial". Unha vez coñezamos o seu nivel, comezaremos a plantexar as clases, partindo do coñecemento do alumnado ata alcanzar os obxectivos plantexados para ese curso.

Traballarase en todo momento con contido e material personalizado, adaptándoo ás necesidades de cada alumno/a, procurando desta maneira lograr unha aprendizaxe máis completa e eficaz.
A música que traballaremos será principalmente música tradicional, podendo tocar dende as músicas tradicionais galegas (as que máis relevancia van ter na meirande parte do curso) ata músicas doutras culturas como Irlanda, Escocia, Irlanda, Asturias, Portugal...

A finalidade destas aulas, ademais de aprender a tocar un instrumento e un repertorio adaptado a este, é tamén aprender a disfrutar da música e de todo o que nos aporta a nivel persoal (expresarnos, coñecer novos músicos, tocar con outra xente...), facendo que as clases non sexan tan só un momento do día no que se traballa unha lección, senon que trascenda moito máis alá de catro paredes, conseguindo vivir a música dende tódolos ámbitos posibles.

Ante calquera dúbida, agradezo que vos poñades en contacto conmigo para poder solventala o antes posible e así disipar as posibles dúbidas que surxan sobre as clases impartidas.

Espero que sexa do voso interese.

Un cordial saúdo, Bieito.

Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases Online
Clases de Música Clases de música tradicional galega/música celta A Coruña ciudad
Clase Presencial
15€/h Ver anuncio
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda