Imparto clases a domicilio ó alumnado de primaria e da ESO, principalmente en materias relacionadas con sociais, naturais, linguas e literatura; as demais tamén dependendo do nivel. A planificación das clases estaría centrada na persoa. Como base, debo coñecer a cada alumno/a para definir en conxunto os mellores apoios de estudo. Sacaremos partido das súas capacidades e aspiracións, e intentarem...
Imparto clases a domicilio ó alumnado de primaria e da ESO, principalmente en materias relacionadas con sociais, naturais, linguas e literatura; as demais tamén dependendo do nivel. A planificación das clases estaría centrada na persoa. Como base, debo coñecer a cada alumno/a para definir en conxunto os mellores apoios de estudo. Sacaremos partido das súas capacidades e aspiracións, e intentaremos superar as dificultades sen que eso supoña demasiado esforzo nin ocasione malestar. A idea é non obsesionarse nin crear un problema, nin tampouco desentenderse do seu deber. É necesario aprender a naturalizar o estudo e asimilar os propios erros. O obxectivo é que cada alumno/a se supere a sí mesmo/a, e que nun futuro xa non precise de axuda externa. Teño experiencia de 2 anos dando clases a domicilio, e experiencia na planificación e impartición de talleres e actividades con persoas con diferentes capacidades. Se o/a alumno/a non está a gusto comigo nin hai boa conexión, poñereino en coñecemento das persoas responsables para buscar outro apoio, pois considero necesaria a confianza e un clima amigable para alcanzar os mellores resultados.