Seguidme en @badaladadebodas y visitad alguno de mis vídeos
Inicia os seus estudos musicais na Escuela Municipal de Música, con Pablo Cortón no 2008; e no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, baixo a tutela dos pianistas Reyes Rey e Pablo Ferreño, acadando o título de Grao Profesional coas máximas calificacións e mailo “Premio de Honra” de piano en Xuño do 2014. Na actualidade cursa...
Seguidme en @badaladadebodas y visitad alguno de mis vídeos
Inicia os seus estudos musicais na Escuela Municipal de Música, con Pablo Cortón no 2008; e no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, baixo a tutela dos pianistas Reyes Rey e Pablo Ferreño, acadando o título de Grao Profesional coas máximas calificacións e mailo “Premio de Honra” de piano en Xuño do 2014. Na actualidade cursa Estudos Superiores no COSMAC, no derradeiro ano da especialidade de interpretación coa mestra Alicia G. Permuy; logo de participar nun programa de intercambio Erasmus+ na ESMAE do Porto tutelado por Luis Filipe Sá durante este curso.
Ten participado en cursos e recibido leccións de outros intérpretes coma Ivan Klansky, Katia Veekman, Elena Kuznetsova (festival Groba 2014) ou Vicenzo de Felice e Stefano Malferrari no ámbito da música camerística.
Foi colaborador coa Banda de Música de Rianxo (certame Aranda del Duero, 2017) e acompañador do Coro da Grande Obra de Atocha da Coruña (certame de coros 2015) e, até o 2013, canta co Coro Infantil e Xuvenil Cantabile, co que realiza concertos nas cidades de Roma, Barcelona ou Bologna, e do que forma parte activa como membro da xunta directiva, emprendendo proxectos musicais do nivel da representación completa da ópera Dido & Aeneas de H. Purcell baixo o marco do Galicia Classics (2011), ou a gravación dun disco de Panxoliñas Galegas, todos eles coa dirección do tenor Pablo Carballido.
Paralelamente, atópase traballando no seu proxecto final de carreira correspondente ós Estudos Superiores de Arquitectura que cursa agora na UDC, logo de restar durante un semestre na Facolta' degli Studi di Ferrara (Italia) coma estudante de intercambio internacional.
Ver más
Ver menos