Son María Blanco e imparto clases particulares dende 2019.
Durante estes anos, tiven a sorte de axudar a moitos nenos e nenas a superar retos académicos e a mellorar as súas habilidades, sempre apostando por un enfoque personalizado e próximo.
Teño experiencia tanto profesional como práctica no ámbito educativo. Realicei as prácticas no colexio A Casa do Neno (SDC) e en A Barcia (Centro de Educ...
Son María Blanco e imparto clases particulares dende 2019.
Durante estes anos, tiven a sorte de axudar a moitos nenos e nenas a superar retos académicos e a mellorar as súas habilidades, sempre apostando por un enfoque personalizado e próximo.
Teño experiencia tanto profesional como práctica no ámbito educativo. Realicei as prácticas no colexio A Casa do Neno (SDC) e en A Barcia (Centro de Educación Especial, en SDC).
Ademais, tiven a oportunidade de estar 6 meses como voluntaria nun colexio en Lituania durante o curso unha experiencia que me permitiu coñecer diferentes métodos de aprendizaxe e abordar a diversidade educativa desde outras perspectivas.
A miña formación está en constante actualización porque creo firmemente na importancia de estar preparada para afrontar os cambios e desafíos que se presentan na educación.
Preocúpame o futuro da nosa sociedade, e por iso, dedícome con paixón a ensinar, porque creo que o verdadeiro cambio empeza na educación dos máis pequenos.
As miñas clases destacan por ser individualizadas, adaptadas ao ritmo e ás necesidades específicas de cada neno ou nena. Gústame enfocalas aos seus intereses, para que a aprendizaxe non só sexa efectiva, senón tamén divertida e motivadora.
Se buscas un apoio educativo que combine profesionalidade, empatía e compromiso, estarei encantada de traballar contigo e co teu pequeno/a para que alcance os seus obxectivos e, o máis importante, disfrute aprendendo. ??
Contacta comigo para máis información. Estou aquí para axudar!
Ver más
Ver menos