Chamome María, resido en Pontevedra e son graduada en pedagoxía e no mestrado de orientacion educativa. Destaco por ter paixón pola educación, polo que considérome altamente capacitada para aplicar todo o aprendido e aportar non so coñecementos senón habilidades e técnicas de estudo. Nas miñas clases son partidaria dunha metodoloxía de ensinanza adaptada sempre as necesidades da persoa, co obxect...
Chamome María, resido en Pontevedra e son graduada en pedagoxía e no mestrado de orientacion educativa. Destaco por ter paixón pola educación, polo que considérome altamente capacitada para aplicar todo o aprendido e aportar non so coñecementos senón habilidades e técnicas de estudo. Nas miñas clases son partidaria dunha metodoloxía de ensinanza adaptada sempre as necesidades da persoa, co obxectivo de desenvolver as súas capacidades e autonomía no estudo, aportandolle ferramentas coas que poida acabar mellorando e desenvolvendo os seus obxectivos por si mesmo. En relación a miña experiencia, din anteriormente clases presenciais a nenxs de primaria e secundaria, pero o meu traballo pode desenvolverse para alumnado de outras etapas educativas se consideroo apropiado. Ademais, traballei como mestra auxiliar de formación ocupacional dando cursos a adolescentes nunha escola de educación especial. Considero que podo adaptarme as distintas materias, lingua, matemáticas, debuxo, historia, tecnoloxía... En relación á dinámica de clases busco que estas sexan amenas para que a persoa sinta curiosidade e motivación por aprender e non resulte aburrido. Entendo a preferencia de moitas persoas de dar as clases en formato online, polo que tamén me adaptarei a esa modalidade, procurando unha comunicación efectiva que non límite a axuda senon que a favoreza, utilizando distintas aplicacións como microsoft teams, skype, gmail, whatsapp e tendo en conta as opcións de cada un.
Por último, en relación as miñas aptitudes considérome unha persoa responsable e motivada.
Espero que esta presentación poida amosar a miña implicación nas clases e axudar a quen o precise.
Ver más
Ver menos