Son Martina, son bioquímica e teño 23 anos. Nun futuro gustaríame ser mestra de Bioloxía e Xeoloxía de ESO e Bacharelato; mais, mentrestanto, apetéceme seguirme formando, polo que empecei recentemente un mestrado en Enxeñaría Ambiental na USC. Así e todo, tendo xa realizado o Mestrado en Formación do Profesorado, apetéceme seguir en contacto cas materias impartidas nos centros, así coma coñecer m...
Son Martina, son bioquímica e teño 23 anos. Nun futuro gustaríame ser mestra de Bioloxía e Xeoloxía de ESO e Bacharelato; mais, mentrestanto, apetéceme seguirme formando, polo que empecei recentemente un mestrado en Enxeñaría Ambiental na USC. Así e todo, tendo xa realizado o Mestrado en Formación do Profesorado, apetéceme seguir en contacto cas materias impartidas nos centros, así coma coñecer mellor as dificultades e necesidades dos alumnos, tanto para axudarlles na actualidade coma para telo en conta no meu futuro coma docente.
Máis a nivel persoal, son unha rapaza aberta, cercana e con relativa facilidade para expresarse e para explicar as cousas da maneira que sexa necesaria (e as veces que se precisen) para que se entenda o mellor posible.
Ver más
Ver menos