Perfil de Nuria Vilán Prado

Sobre mi
Mis clases
Contacto

Sobre mi

Son graduada en Estudos de Galego e Español pola Universidade de Vigo cun Mestrado en Literatura e Cultura na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2016, taballo en varios espectáculos de poesía oral e tamén imparto cursos de "Spokenword", poesía escénica, escrita creativa e expresión oral.
Colaboro de forma asidua cunha plataforma de crítica literaria e adoito realizar actividades en bi...
Son graduada en Estudos de Galego e Español pola Universidade de Vigo cun Mestrado en Literatura e Cultura na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2016, taballo en varios espectáculos de poesía oral e tamén imparto cursos de "Spokenword", poesía escénica, escrita creativa e expresión oral.
Colaboro de forma asidua cunha plataforma de crítica literaria e adoito realizar actividades en bibliotecas e centros de ensino que teñen que ver coa dinamización lingüística.

Veño desenvolvendo o meu labor como docente de ensinanza non regrada desde 2018; ofrezo axuda coas probas de galego das oposicións , a preparación do Celga 4 e exames similares e tamén con materias de Bacharelato e a E.S.O.. O eido no que máis cómoda me sinto é no da oralidade, polo que fornezo ferramentas para desenvolverse con soltura nas presentacións orais ou defensas de traballos académicos.

Por mor da situación da covid-19, as aulas serán en liña, con horarios personalizados e adaptándonos en todo momento ás túas necesidades e aos temas que máis che interesen. Ademais de traballar coa gramática, o máis interesante será centrarnos en exercicios prácticos e en darche pequenos trucos para que avances con fluidez na fala.

Á hora de presentarse a un exame non só é importante dominar a materia, senón tamén que semelle que a dominas! Así que desde o primeiro minuto falaremos en galego (a non ser que a situación requira do emprego doutras linguas para que poidamos comunicarnos :D)!

O primordial para min é que poidamos sentirnos en comodidade á hora de dar as aulas e que atopemos puntos comúns para aproveitar o tempo da mellor forma posible.

Un saúdo!
Ver más Ver menos

Mis clases

Imparto clases Online
Clases de Gallego Graduada en Estudos de Galego e Español ofrece clases de galego Santiago de Compostela
Clase Presencial
25€/h Ver anuncio
Clases de Lengua gallega y literatura Clases de preparación Celga Santiago de Compostela
Clase Presencial
25€/h Ver anuncio
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
Denunciar este perfil Muchas gracias por tu ayuda