Descripción del anuncio
Estimadas/os Sras/es:
O meu nome é Diego Pereira atei recentemente os meus estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo, e diríxome a vostedes co propósito de
ofrecerlles os meus servizos.
Durante o meu proceso de formación, realicei prácticas no ámbito da
edición de textos na editorial Galaxia e tamén no I.E.S. Antón Alonso
Ríos como docente de Lingua e Literatura Galegas como complemento dos
Mestrados de Lingüística Aplicada e do Mestrado de Profesorado en
Linguas Oficiais respectivamente durante o período indicado no curriculum.
Por estas experiencias e outra serie de elementos e procesos ligados a
miña formación académica que figuran no meu curriculum, penso que podería ser
considerado de interese para a visiten esta páxina web e estén interesados no meu perfil profesional.
Aválanme, a parte das prácticas realizadas nos campos anteriormente
mencionados, outras actividades que levei a cabo neses mesmos eidos
relacionadas co ámbito da corrección e a maquetación de textos e
ademais, teño experiencia práctica na ensinanza desenvolvendo un
método innovador que pretende ser unha das posibles alternativas a
metodoloxía de ensinanza tradicional: a aula invertida ou flipped
classroom.
Coa esperanza de recibir pronto noticias vosas, despídome de vostedes.
Atentamente:
Diego Pereira Pinto
A continuación, expoño detalladamente as titulacións académicas e complementos que posúo:
Grado en Estudos de Galego - Español (-) pola Universidade de Vigo.
Mestrado en Lingüística e as súas Aplicación (-) pola Universidade de Vigo
Mestrado en Profesorado de Linguas Oficiais: Galego e Español (-) pola Universidade de Vigo.
Outros idiomas: Portugués (nivel básico).
Vivo en Tomiño aínda que teño dispoñibilidade para moverme polas áreas circundantes a esta localidade. Ofrezo clases de reforzo en ámbalas dúas linguas, preparación de exames, corrección de traballos, comprensión lectora, resumos, esquemas, etc. 15 € a hora.