user photo
Julio
10/h
Contactar
1ª clase gratis
En línea
teacher
En línea
10/h
Contactar
Primera clase gratis
Localidad Santiago de Compostela
Clases de Física
verified Datos verificados Tasa de respuesta <strong>100%</strong> Tasa de respuesta 100%
Precio
Precio
Primera clase gratis
10 €/h
Localidad
Suele dar clases en
Santiago de Compostela
Niveles de las clases
Niveles de las clases
ESO
Bachillerato
Adultos
Disponibilidad
Lu Ma Mi Ju Vi Do
Mañana
Mediodía
Tarde
Comparte a este profesor

APOIO e AFONDAMENTO nas materias e ámbitos da FÍSICA, QUÍMICA e MATEMÁTICAS para niveis da ESO e BACHARELATO

Descripción del anuncio
Para entender o que non se entende; para interesarse e fascinarse pola ciencia e a natureza; para desenvolver competencias científicas, de estudo e interpersonais; para traballar cara o beneficio dunha mesma; para tomar consciencia das capacidades e aptitudes que un ten, desfrutalas e sacarlles partido:
ofértanse clases particulares e personalizadas en calqueira ámbito científicio a nivel da Educación Secundaria e do Bacharelato, en Santiago de Compostela e de xeito presencial (a domicilio).

Nacido nesta cidade, desenvolvo a miña labor docente tanto profesionalmente como de xeito entusiasta. Tras obter o Grao en Física na USC, e o Máster en Formación do Profesorado pola UNIR, acumulo experiencia docente en centros e de xeito particular polos últimos 3 anos, sempre con resultados moi positivos para tódalas partes.

Estas clases están dirixidas especialmente a:

- Cativos e cativas que comezan o instituto e que
· presentan dificultades para asimilar contidos
· presentan falta de interés polas materias científicas

- Rapazas e rapaces que no seu progreso no instituto
· non consiguen vincular a ciencia (e as materias asociadas) á súa vida cotiá
· non teñen claro se a ciencia é un camiño axeitado para o seu desenvolvemento académico e persoal
· presentan dificultades e falta de interés

- Persoas de calqueira idade que
· mostren un interés pola Física, a Química e/ou as Matemáticas, tanto por necesidade coma por placer
· necesiten reforzo e/ou afondamento nesas materias na súa labor académica ou de desenvolvemento e cultivo persoal
· presenten interés e gana de coñecer e investigar sobre a natureza da realidade, a natureza e a nosa participación dela, sobre física, química, bioloxía, neurociencia, filosofía, música e arte en xeral, e as súas influencias no pensamento antigo e moderno.

As sesións serán personalizadas, individuais e construidas de xeito conxunto por ambas partes (atendendo ás necesidades das alumnas e alumnos, así como ao traballo realizado polos docentes dos distintos centros). Poden ter lugar en galego, castelán ou inglés.

Se queres recibir clases ou che gustaría que alguén as recibira, contáctame sen compromiso! Non quedes sen elas polos cartos ou a dispoñibilidade!
Zona de Julio
Localidades a las que se desplaza para dar clase
Estás identificado cómo
¿No eres {0}?
dislike ¿Hay algún error en este perfil? Cuéntanos Muchas gracias por tu ayuda