Descripción del anuncio
Son graduada en Estudos de Galego e Español pola Universidade de Vigo cun Máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Santiago de Compostela. Formo parte de varios espectáculos de poesía oral e colaboro cunha plataforma de crítica literaria. Imparto cursos de "Spoken word", escrita creativa e expresión oral.
As clases serán en liña para garantir a seguridade ante a situación da covid, en horarios personalizados e sempre adaptándonos ao ritmo que precises. Preparación das probas de galego das oposicións, de Celga 4 e outros niveis, axuda con probas orais...