Boas! Son Lara, graduada en Filoloxía Inglesa, con máster en profesorado de secundaria e experiencia internacional, xa que pasei unha tempada vivindo en Inglaterra. Esa etapa permitiume mergullarme de cheo na cultura e na lingua, o que agora levo ás miñas clases para ofrecer unha aprendizaxe máis auténtica e práctica.
Levo anos axudando a estudantes de todas as idades, dende infantil ata adultos, pero o meu forte é secundaria e bacharelato. Traballei en academias, preparando alumnado para exames oficiais como os de Oxford ou para mellorar o inglés por interese persoal.
Queres preparar un exame (B1, B2 ou mesmo o do instituto)? Soltarte na parte oral? Mellorar a gramática? Ofrezo clases dinámicas, personalizadas e adaptadas a ti, con obxectivos claros e resultados reais. Sempre cun enfoque motivador e práctico.
Diríxome exclusivamente a alumnado de secundaria, bacharelato e adultos, tanto para preparación de exames como para perfeccionar o teu inglés sen máis. E para que vexas se encaixamos, a primeira clase é gratuíta.
Anímate a escribirme, cóntame que precisas e deseñaremos xuntos un plan que te leve onde queres chegar! 🌟